Traducións ELBICHO
Imaxe da bandeira de Gran Bretaña enlazada á páxina en inglés 
[In English]
Traducións ELBICHO

Imaxe da Ponte de Rande dende o aire


















Menú principal

Currículo
Linguas
Tipoloxía de textos
Prazos de entrega
Prezos
Ferramentas en línea



Currículo
O meu nome é Rubén Martínez Rodríguez. Orixinal de Carballo, provincia da Coruña, estou licenciado en Tradución e Interpretación dos idiomas galego e inglés pola Universidade de Vigo. Con máis de 10 anos de experiencia laboral no campo da tradución, abro por primeira vez o meu negocio persoal de tradución de textos de todo tipo.



[Volver ó menú principal]
Linguas
As miñas linguas de traballo son 4, principalmente. As linguas principais, coñecidas como Lingua A no campo de traballo, son o galego e o castelán (as miñas linguas maternas). As linguas ás que adico as miñas traducións, linguas secundarias, coñecidas como Lingua B no campo de traballo, son o inglés e o alemán (linguas coas que me licenciei na carreira).



[Volver ó menú principal]
Tipoloxía de textos
O meu traballo está adicado a todo tipo de texto, con preferencia por aqueles relacionados co campo xornalismo (texto informativos), así como textos literarios de importancia internacional. Outro tipo de textos que teñen cabida no meu traballo son os textos de tipo tecnolóxico, que estés adicados á investigación das novas tecnoloxías.


[Volver ó menú principal]
Prazos de entrega
As traducións de carácter ordinario serán entregadas nun prazo máximo de 5 días e nun mínimo de 2, podendo variar a cantidade de días segundo a ocupación de horas de traballo que os textos esixan. As traducións de carácter urxente serán entregadas nun prazo máximo de 24 horas.


[Volver ó menú principal]
Prezos
Os prezos ordinarios desta empresa serán de 0'5 euros por palabra. No caso de tratarse de traballos de carácter urxente, o prezo por palabra sería o dobre do ordinal, é dicir, 0'10 euros por palabra.


[Volver ó menú principal]
Ferramentas en liña
RAG: Dicionario monolingüe da lingua galega da Real Academia Galega.
Collins: Dicionario monolingüe da lingua inglesa de Collins
RAE: Dicionario monolingüe da lingua española da Real Academia Española.
PONS: Dicionario en liña PONS, tradución de alemán-español.
[Volver ó menú principal]

Para contactar comigo, escribídeme a:
GIF animado con enlace ao correo electrónico
rmartinezr2016@gmail.com